Porque só hai verdadeira democracia cando é participada en cada paso a dar, convidámosvos á elección aberta e directa dos veciños e veciñas que finalmente integrarán a candidatura de Sadamaioría ás municipais de maio deste ano.
Porque a cidadanía sadense debe ser a protagonista da vida municipal, tanto nas candidaturas como nas votacións, Sadamaioría dalle a benvida a toda persoa disposta a traballar por un concello aberto, participativo, democrático, galego, transformador, solidario e progresista. Queremos unha candidatura cidadá para a maioría de Sada.
O proceso de elección está fixado nun Regulamento que garante o trato igualitario e xusto para todas as persoas que decidan concorrer ao mesmo e que será supervisado por unha Comisión Electoral que velará polo seu cumprimento en todo momento.