DATOS DA ORGANIZACIÓN
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, SADAMAIORÍA informa de que está inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior, sendo os seus datos identificativos os seguintes:
Denominación social: SADAMAIORÍA
C.I.F: G70450796
Domicilio social: RÚA DA LAGOA Nº16, BAIXO 15160 – SADA (A CORUÑA).
Correo electrónico a efectos de comunicación: contacto@sadamaioria.org.
Delegado de Protección de Datos: Prodasva Consultoría y Gestión, S.L. Teléfono: 984283532 Correo electrónico: delegadoprotecciondatos@prodasva.org.
Todas as notificacións e comunicacións entre as persoas usuarias e SADAMAIORÍA consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través do correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.
CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O presente aviso legal regula o uso do sitio web www.sadamaioria.org (en adiante, A WEB), do que é titular SADAMAIORÍA.
A navegación pola web de SADAMAIORÍA atribúe a condición de persoa usuaria da mesma e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, SADAMAIORÍA condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a SADAMAIORÍA, sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos, máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.
A persoa usuaria garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a SADAMAIORÍA e será a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
A persoa usuaria está obrigada a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. A persoa usuaria responderá fronte a SADAMAIORÍA ou fronte a terceiros, de calquera dano e prexuízo que puideran causarse como consecuencia do incumprimento de dita obriga.
POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES
SADAMAIORÍA non se fai responsable do contido das páxinas web ás que a persoa usuaria poida acceder a través das ligazóns establecidas na WEB e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido de outras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á sua propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.
SADAMAIORÍA declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, ás persoas usuarias da web, puidera derivarse da navegación pola mesma. En consecuencia, SADAMAIORÍA non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidera sufrir a persoa usuaria.
USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS
Esta páxina web pode recoller datos das persoas visitantes por medio do uso de cookies. Consulte a Política de Cookies, no seu caso.
A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador de xeito que o informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro.
A AEPD considera que os partidos políticos no son prestadores de servizos da sociedade da información, xa que as súas páxinas web non forman parte dunha actividade económica no sentido do apartado a) do Anexo da LSSI. Polo tanto, no han de cumprir nin coa Lei de Cookies nin con ningún outro precepto da LSSI, sen perxuízo do disposto nela en relación con outras normas. Resolución (E/04745/2015).
PROTECCIÓN DE DATOS
No caso de que na web se recollan datos de carácter persoal, para máis información consulte a Política de privacidade.