Sadamaioría é unha proposta colectiva da xente de Sada, unha confluencia de persoas conscientes e comprometidas que decidimos dar un paso adiante para afrontar, con traballo e dignidade, o obxectivo de acabar coas políticas insolidarias e clasistas da dereita, poñendo as institucións ao servizo da xente.
En Sadamaioría, a xente do común temos a oportunidade de facer política todos os días, de debater, de tomar decisións e de participar a través de asembleas públicas e abertas. É hora de que sumes a túa voz á nosa. Únete!
Podes facelo a través da nosa sección de Contacto, ou enviando un email a contacto@sadamaioria.org.
Subscríbete á nosa canle de Whatsapp para estar ao día!
Se queres recibir información sobre toda a actualidade que afecta a Sada e á nosa organización, podes subscribirte á nosa canle de Whatsapp. É moi sinxelo.
- Para darte de alta só tes que gardar na axenda do teu teléfono o número +34 696452219 e enviar un whatsapp coa mensaxe “Alta Difusión Sadamaioría”. A partir dese momento, recibirás cada semana as novas máis destacadas no teu dispositivo móbil.
- Para darte de baixa deberás enviar ao mesmo número a mensaxe “Baixa Difusión Sadamaioría”. Desde ese momento, deixarás de recibir novas.
Ten en conta que o teu número de teléfono, imaxes, nome, etc. non serán visibles para o resto dos números da lista de difusión de Sadamaioría.