Sadamaioría é unha organización política autoxestionada por veciñas e veciños de Sada nas que conflúen o seu compromiso coa democracia transformadora, participativa e progresista, coa posta da administración municipal ao servizo da cidadanía.
Sadamaioría toma as súas decisións de xeito democrático e integrador, en asembleas que son abertas a todas aquelas persoas que desexen participar nelas, sexan ou non membros da organización. A actividade da organización réxese por uns estatutos que establecen a Asemblea Xeral como órgano fundamental na toma de decisións.
As candidaturas de Sadamaioría ás eleccións municipais elabóranse de xeito democrático a través dun proceso de primarias aberto á participación de toda a cidadanía.
Sadamaioría presentouse por primeira vez ás eleccións municipais en 2015, obtendo catro representantes e, desde ese ano ata novembro de 2022, presidiu o goberno municipal de Sada, do que foi expulsado por unha moción de censura. En 2019, a confianza renovada do electorado elevou a seis os membros elixidos para conformar o grupo municipal.