Sadamaioría é un partido cuxo ámbito de actuación é o termo municipal de Sada, constituído para contribuír á rebelión democrática, pondo as institucións ao servizo da cidadanía e baixo o seu control participativo, apropiándose das ferramentas necesarias para combater a desigualdade e construír unha cidade e un país distintos. Sadamaioría nace como resultado dunha plataforma cidadá para trasladar ao nivel institucional municipal os valores dunha cidade plural e heteroxénea, de carácter aberto, avanzado, solidario, tolerante e igualitario, en contra do modelo dominante de cidade dirixida por unha minoría que goberna para se enriquecer e servir os seus propios intereses.
Son principios básicos de Sadamaioría os da xustiza social igualitaria, a sustentabilidade, a participación cidadá e a transparencia, así como a defensa do laicismo, o feminismo e a transmisión do legado e a memoria (idioma e cultura propias de Galiza).
Son fins específicos de Sadamaioría: