Co 35% da poboación, neste mandato investiuse o 48% do total licitado en contratos de obras e suministros.
Apostaremos pola rehabilitación da vivendas nos núcleos, con bonificacións nos impostos e taxas.
A veciñanza decidirá, a través dos órganos de participación, sobre os investimentos e gastos.
Sadamaioría entende que a acción de goberno non pode centrarse só no casco urbano, senón que as parroquias tamén deber ser obxectivo prioritario de goberno.
Na actualidade, o 35% da poboación de Sada reside nas parroquias e o concello debe garantir que todas as veciñas e veciños, vivan no centro urbano ou nas parroquias, teñan os mesmos dereitos respecto á prestación de servizos municipais. Así se fixo durante estes catro últimos anos, nos que nas parroquias se investiu o 48% dos contratos de obras e suministros, polo 52% que se investiu no casco urbano.
Para os seguintes catros anos, o goberno presidido por Sadamaioría centrará as súas liñas de acción de goberno en catro eixos básicos de actuación:
– En canto ás infraestruturas, dotacións e mobilidade, desenvolverase o PXOM para acadar as infraestruturas e as dotacións que as veciñas e veciños das parroquias demandan, dando prioridade á implantación e mellora de servizos. Aprobarase un Plan Municipal de Investimentos 2019-2023, cunha dotación territorialmente igualitaria de servizos, resultado dun proceso participativo dos veciños e veciñas de cada parroquia.
– En canto á posta en valor das parroquias, Sadamaioría apostara pola a rehabilitación das vivendas con bonificacións nos impostos e taxas das licenzas. Tamén se executarán actuacións de mellora do espazo público, en especial nos núcleos rurais tradicionais, e instarase das provedoras as melloras das redes de servizo de telefonía, tan demandas polo veciños e veciñas.
– En canto á Cultura, implantaranse actividades culturais nas casas do pobo parroquiais e se estenderan os servizos da Biblioteca de Sada para chegar a todos os lugares e parroquias.
Por último, en canto á participación, o Grupo Municipal de Sadamaioría realizará asembleas abertas informativas para dar conta da xestión municipal e implicará á veciñanza de todas as parroquias na toma de decisións, tanto nos investimentos, como nos asuntos de gastos a través dos distintos órganos de participación cidadá. Alén diso, as comisións de festas parroquiais e as asociacións de veciñanza contarán co apoio do goberno municipal para o desenvolvemento das súas actividades.
Sada, 14 de maio de 2019.