O goberno local de Sadamaioría propuxo no pleno ordinario deste xoves a aprobación dun expediente de modificación de crédito que tiña coma obxectivo dotar ó Concello dos recursos necesarios para iniciar o expediente de expropiación dos terreos lindeiros ao CEIP Sada e Contornos. Lamentablemente, PP, UxS e PSOE non consideraron urxente aprobar o inicio deste expediente de expropiación, o que implicará retrasos na futura ampliación deste recinto escolar.
Esta modificación de crédito de 265.000€ era esencial como paso previo ao inicio do expediente de expropiación. O feito de tela aprobado no pleno deste xoves tería permitido habilitar o crédito neste exercicio e adiantar así os trámites administrativos necesarios para proceder coa adquisición dos terreos. A ampliación do CEIP Sada e Contornos é unha vella reclamación da comunidade educativa deste centro que o goberno local seguirá traballando para satisfacer malia os paus nas rodas de PP, UxS e PSOE, que unha vez máis pensan en intereses partidarios e non no benestar da veciñanza de Sada.
Sada, 30 de novembro de 2024.