A bonificación entrará en vigor en xaneiro e aplicarase durante os tres vindeiros anos. Será compatible con outras bonificacións xa contempladas na ordenanza municipal.
A concellaría de Facenda leva a pleno unha bonificación do Imposto de Bens Inmobles (IBI), unha vez coñececido o resultado do procedemento de valoración colectiva de carácter xeral levado a cabo en Sada polo Ministerio de Facenda, para atenuar a súa subida “e rebaixar a presión fiscal sobre a cidadanía sadense, a pesares de que a medida conleva unha redución de ingresos para as arcas municipais”, sinalou a concelleira de Facenda, Pilar Taibo.
Naqueles casos no que o valor catastral do inmoble se veu incrementado, o goberno propón a aprobación dunha bonificación potestativa equivalente á diferencia positiva entre a cota íntegra do exercicio e a cota líquida do exercicio anterior, multiplicada esta última polo coeficiente do incremento máximo anual da cota líquida, que queda establecido no 1,03 para todos os tramos do valor catastral e todas as modalidades de uso das construcións.
Esta bonificación entrará en vigor en xaneiro e aplicarase durante os tres vindeiros anos. Ademáis será compatible con outras bonificacións xa contempladas na ordenanza municipal, como as previstas para os titulares de familia numerosa, ou aquelas outras medidas que se poidan implantar na mesma.
A xuicio da concelleira esta redución de ingresos será compensada por diferentes vías, tal e como xa aconteceu no ano 2016, cando o goberno de Benito Portela decidira non subir o tipo impositivo do IBI “que, recordamos, en Sada segue a ser o 0,50% e que, na práctica, supuxo unha importante rebaixa no recibo da contribución. Seguimos a favorecer ás clases traballadoras para conquerir unha mellor distribución da carga fiscal que soporta a veciñanza.”
Sada, 22 de outubro de 2019.




