Veranse beneficiados os 41 escolares inscritos para un servizo que este ano se ofrece no propio centro, fronte á proposta doutros cursos, no que quen quedaba a comer debía desprazarse ao colexio de Mosteirón.
Esta aposta desde o Concello por ampliar un servizo que axude á conciliación familiar será levada a cabo pola mesma empresa que xestiona o comedor do colexio de Mondego, xa que é a que ofreceu a mellor oferta. Os menús escolares transportaranse en liña quente desde a cociña, situada aproximadamente a uns 6 quilómetros de Sada. Os menús serán variados e saudables, incluíndo opcións especiais para alérxicos e dietas brandas.
O servizo inclúe catro monitores, en horario de 13.50 a 16.00 horas, que levarán a cabo un proxecto educativo para aproveitar o momento de lecer mentres o alumnado non está no comedor.
O prezo do menú escolar está subvencionado nun 50 % polo Concello de Sada. Están previstas bonificacións para as familias numerosas, o segundo irmán ou por tramos de renda, dependendo da situación familiar de cada alumno.
Sada, 5 de novembro de 2019.





