A Toma de coñecemento dos escritos de expulsión dos tránsfugas, a supresión dos GM Socialista e Alternativa dos Veciños e a resolución do recurso de reposición presentado á compatibilidade de María Pardo, constitúen os asuntos da orde do día.
Os Grupos Municipais de Sadamaioría e BNG veñen de rexistrar a solicitude de celebración dun Pleno Extraordinario onde se proceda, por parte da alcaldesa tránsfuga, á toma de coñecemento dos escritos da presidencia de Alternativa dos Veciños, referidos á expulsión dos concelleiros María Nogareda e Breogán Blanco, así como da resolución do PSG-PSOE relativa á expulsión definitiva dos tamén concelleiros María Pardo e Ramiro Blanco, e deste xeito, se adopte a decisión do paso á condición de non adscritos dos concelleiros nomeados.
O segundo punto da orde do día será o de acordar a disolución dos grupos municipais Socialista e Alternativa dos Veciños, e, paralelamente, os dereitos económicos e políticos que lles outorga o artigo 73.3 Lei de Bases de Réxime Local e o artigo 26 do ROM.
Aínda que os membros do goberno tránsfuga neguen ter sido notificados, é unha absoluta burla à cidadanía, que non se tome coñecemento polo pleno, das expulsions dos partidos, entradas por rexistro co único fin de seguir cobrando os salarios que perciben de forma indebida.
Continúan utilizando as siglas dos partidos aos que xa non representan por intereses económicos, renunciando así ao más mínimo resquicio de ética que pudiera quedarlles e danando non so a imaxe dos propios partidos se non a do Concello de Sada.
O terceiro e último punto do pleno extraordinario, refírese á resolución do recurso de reposición presentado polo BNG contra dos acordos do Pleno da Corporación de 29/12/2022, sobre o recoñecemento de compatibilidade á concellería María Pardo para o exercicio do seu cargo en réxime de dedicación “parcial” do 90%. Acordo adoptado, sen que os habilitados estatais informaran sobre o cumprimento dos límites retributivos, recollidos na lei de incompatibilidades, para a percepción de dous salarios públicos, ao descoñecer o departamento de intervención do Concello de Sada, o salario percibido pola señora Pardo no Concello de Bergondo.
Como xa manifestaron no pasado pleno deste mes de xaneiro, no que advertiron ás autoridades e ao persoal funcionario das responsabilidades que poderían derivarse tanto da pasividade na toma de decisións respecto dos tránsfugas como no caso da continuidade no cobro de retribucións por quen non poderían percibilas, Sadamaioría e BNG non están dispostos a tolerar a continuidade das situacións irregulares que se están a producir no Concello de Sada, e, para ilo, adoptarán, como xa anunciaron no pleno da moción de censura, todas as medidas en vía administrativa ou xudicial que sexan precisas para protexer a legalidade vixente.
Sada, 31 de xaneiro de 2023.





