Durante o pleno ordinario celebrado onte, Marísa Rúa Prieto tomou posesión como concelleira de Sadamaioría.
A incorporación débese á renuncia por cuestións persoais de Francisco Montouto, que anunciou a súa decisión de deixar a política e, por tanto, o Concello de Sada.
Marisa Rúa, número 8 da candidatura de Sadamaioría nas pasadas eleccións de maio de 2019, entra na corporación como concelleira logo da renuncia por cuestións laborais de José Ramón Callejo, número 7 da lista.
Como consecuencia do cambios acontecidos na súa composición, o Grupo Municipal de Sadamaioría efectuou unha reorganización de competencias entre os seus membros, que quedaría así:
- Óscar Benito Portela Fernández: alcalde, con competencias directas en Urbanismo e Vivenda.
- María Pilar Taibo Fernández: concelleira de Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá.
- Xosé Fernando Fariña Andrade: concelleiro de Obras e Servizos.
- Rebeca Mouriño Neira: concelleira de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e TICs.
- Paola Mondaca González: concelleira de Cultura.
- Marisa Rúa Prieto: concelleira de Medio Ambiente e Normalización Lingüística.
Sada, 28 de febreiro de 2020.