O Concello de Sada destinará 800.000€ para axudas directas, de entre 750€ e 1500€, para negocios con enderezo fiscal no municipio que tivesen que suspender a súa actividade ou que viran a súa facturación reducida nun 75%.
A proposta do executivo local, que busca complementar outras iniciativas dos Gobernos central e autonómico, foi acordada por unanimidade da Xunta de Portavoces e será aprobada en pleno proximamente. Na mesma recóllense algunhas propostas das entidades comerciais e empresariais sadenses.
O goberno local presentou esta semana na Xunta de Portavoces o borrador de Sada Activa, un programa de axudas destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas da localidade, co obxectivo de manter a actividade económica, protexer o emprego e rebaixar o impacto social da crise sanitaria e económica provocada pola COVID-19.
O Concello abrirá unha liña de axudas den 750 euros para aquelas persoas físicas o xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo. A esta cantidade se sumarán 250 euros por cada persoa contratada por conta allea ao seu cargo ata un máximo de 1.500 euros. “É unha axuda complementaria das prestacións extraordinarias do Goberno central e das que poidan xurdir do Goberno autonómico”, explicou o alcalde Benito Portela.
“Destinaremos 800.000 euros en axudas directas ás empresas de Sada”, destacou o rexedor, quen tamén subliñou que o compromiso do Concello é a de atender o maior número de solicitudes posibles, plantexando a posibilidade de aumentar a partida orzamentaria inicial de 800.000€ no caso de que quedaran solicitudes sen atender. “No caso contrario, indica Portela, se a demanda de axudas non supera esta cantidade, crearase unha segunda liña de axudas para o tecido empresarial co orzamento non executado.”
O alcalde de Sada, Benito Portela, agradeceu o diálogo, talante e colaboración de todos os grupos da Corporación que, na Xunta de Portavoces celebrada esta semana, acordaron unanimemente implementar estas axudas.
A Concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, sinala que “se trata dunha iniciativa encamiñada á protección do emprego en Sada coa finalidade de contribuir desde a Administración Local a manter na nosa vila a actividade económica e polo tanto o emprego”. Ademáis, engade, que este programa supón “un esforzo solidario que pretende chegar ao maior número de personas afectadas”.
Persoas beneficiarias e condicións das axudas.
Poderán ser beneficiarias/os da prestación extraordinaria por cese de actividade aquelas empresas que teñan o seu enderezo fiscal e realicen a súa actividade en Sada e que estean ao corrente das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social e sen débedas pendentes con calquera administración.
Só poderá ser subvencionada unha solicitude por empresa, aínda que varios socios/as da empresa sexan traballadores/as autónomos titulares e, polo tanto, beneficiarios/as e con dereito á prestación extraordinaria por cese de actividade e con independencia de ter varios centros de traballo ou ter de alta varias actividades económicas coincidentes cos CNAEs subvencionables.
As solicitudes estarán dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Sada e tramitaranse por vía telemática. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As empresas que opten a estas axudas deberán manter a actividade empresarial ata o 31 de decembro de 2020 e, se é o caso de ter empregados/as ao seu cargo, deberase manter, como mínimo, un 50% do persoal.
Os/as beneficiarios/as someteraranse ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas pola vixente normativa en materia de subvencións.
Sada, 30 de abril de 2020.