Dada a necesidade de adoptar medidas temporais extraordinarias no ámbito tributario co fin de paliar o impacto económico negativo resultante das medidas adoptadas tras a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo de 2020, e tendo en conta a situación de vulnerabilidade de todos os negocios adicados a hostalaría, polos efectos que a crise sanitaria ven de provocar nos seus ingresos, o Goberno de Sada presentou no Pleno duas propostas de apoio ao sector hostaleiro, que foron aprobadas.
A primeira acción fixa a suspensión da aplicación durante o ano 2021 da ordenanza fiscal nº23, reguladora da taxa por ocupación de terreo de uso público con mesas e cadeiras, mediante a modificación da súa disposición final. A concellería de Facenda suspenderá temporalmente a vixencia de aplicación desa ordenanza entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
A outra acción de apoio ao sector hostaleiro tiña por obxecto regular o réxime xurídico ao que debe someterse a instalación de terrazas en terreos de uso público. Actualmente, os establecementos englobados na categoría “b” podían situarase no fronte ou no lateral do establecemento no caso de prazas e rúas abertas a unha distancia mínima de 3 mts da fachada da edificación e sen barra de servizo distinta do propio establecemento e, no caso de estar ocupado o lateral do establecemento por unha zona de aparcamento ou similar, considérase como lateral exclusivamente a estes efectos o contiguo a esa zona. Esta situación só afectaba á avenida da Mariña e á avenida do Porto. Coa modificación proposta pola concellería de Facenda, será de aplicación en todo o municipio.
Sada, 24 de setembro de 2020.




