O vindeiro 1 de marzo pasaremos todo o serán na Capela de San Roque a preparármonos xuntas para o 8M. Desenvolveremos varias actividades, abertas todas ellas á participación.
A partir das 18 horas, realizaremos un obradoiro de batukada feminista. Construiremos os nosos popios instrumentos de percusión con materiais reciclados que se poden achegar (bidóns, envases grandes de produtos de limpeza, culleres ou paus). Alí disporemos de materiais para pintalos e axeitalos e aprenderemos os ritmos básicos para facer unha batukada feminista.
Contra as 20 horas, proxectaremos a curtametraxe galega “Matria”, premiada nos festivais de Valladolid e Sundance e recentemente nomeada aos premios Goya. En tan só 21 minutos, Álvaro Gago achegaranos ao universo cotián das nosas heroínas silenciosas.
A proxeción dará pé a un faladoiro no que nos acompañarán a profesora de Socioloxía na UDC, Belén Fernández Suárez, e a presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Rosa Arcos. Todas e todos poderemos debater sobre os retos que o feminismo ten por diante neste 8M e na nosa sociedade.