O Concello argumenta que consta acreditada e probada a condición posesoria de mala fe do ditador, e que esa mala fe é transmisible tamén á súa filla e netos.
“Sada sempre defendeu o que agora todas as partes están de acordo: a mala fe do ditador. Estamos seguros que así o declarará o Supremo, por xustiza e dereito”, declara Benito Portela.
O recurso do Concello de Sada contra a sentenza da Audiencia Provincial integra un motivo de infracción procesual e tres motivos de casación, considera que a sentenza da Audiencia non se axusta a dereito (Código Civil e a Xurisprudencia que o interpreta e aplica) respecto da condición posesoria de boa que dita sentenza lle atríbúe aos netos do ditador e con efectos de 1975.
No recurso de casación, e partindo da proba existente e a practicada no proceso, xustifícase que a conclusión xurídica da Audiencia, a boa fe de Franco e dos Franco, é xuridicamente errónea, tal e como se expón nos motivos casacionais.
Sada solicita a estimación do recurso, solicitando a liquidación posesoria de mala fe, tanto dos actuais herdeiros como dos seus ascendentes, incluído o propio Franco, o que, de estimarse, suporía que o saldo neto de dita liquidación seguramente suporá que sexan os Franco quen deban compensar ao Estado por unha posesión detentada durante tantos anos.
O alcalde expresou a súa satisfacción polo feito de que a necesidade e procedencia de interpoñer recursos, así como a demanda de posesión de mala fe de Franco e súa transmisibilidade sexa agora unha posición común de todas as partes (Estado, Xunta, Diputación e Concellos da Coruña e de Sada), tal e como defendeu desde o primeiro momento o Concello de Sada.
“Sada sempre defendeu o que agora todas as partes están de acordo, a mala fe do ditador. Estamos seguros que así o declarará o Supremo, por xustiza e por dereito. Vai ser a primeira vez que o Supremo se pronuncie sobre os bens detentados polos Franco e a sentenza proxectará efectos sobre outros bens, polo cal súa trascendencia vai ser de especial relevancia”, declarou Benito Portela.
Sada, 15 de marzo de 2021.