A partida inicial de 226.441 euros do PEL-Reactiva suma outra partida municipal de 185.000 euros para completar todas as solicitudes que cumpriron cos requisitos da convocatoria.
Sada aprobou a finais do mes de febreiro a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA, correspondentes á convocatoria de subvencións do Concello de Sada dentro da adhesión ao fondo de financiamento provincial para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.O programa achegaba inicialmente no Concello de Sada un importe de 226.411,43€ e unha partida municipal de 56.602,86 €, aínda que no pleno da aprobación das axudas o alcalde xa advertía que si as solicitudes incrementaban esta cantidade o goberno municipal levaría a pleno “o incremento da partida de axudas para cubrir todas as solicitudes dos autónomos/as e empresas de Sada”.
Agora, unha vez publicada a listaxe de solicitudes, un total de 213 autonomos/as e PEMES de Sada cumpren coas bases da liña de axudas, que destinan con ata 3.000 euros por solicitante para impulsar a actividade económica e o emprego. O modificativo de crédito por importe de 185.000 euros permitirá dar cobertura á totalidade das solicitudes de axuda presentadas á convocatoria.
O goberno municipal, a través da Concellería de Promoción Económica, xa convocara anteriormente o SADA ACTIVA outra liña de axudas que chegou a máis de 200 autónomos/as e PEMES do municipio.
Sada, 10 de marzo de 2021.