Benito Portela asegura que o sucedido o pasado venres foi un “claro acto de transfuguismo, e así debe ser cualificado, expresado e denunciado”.
O pleno deberá tomar coñecemento da condición de non adscritos das persoas expulsadas dos seus grupos municipais, asi como do de non nomeamento ou cese de ditas persoas na condición de membros da Xunta de Goberno Local e/ou concellarías-delegadas.
Sadamaioría esixirá no pleno o cumprimento da lei para os concelleiros e concelleiras non adscritos que tentan gobernar Sada por riba da vontade cidadá.
Rexistra unha moción para o debate no vindeiro pleno municipal para adoptar as medidas orgánicas executivas oportunas, tanto en relación coa toma de coñecemento da condición de non adscritos das persoas expulsadas das súas organizacións e da supresión de grupos municipais, asi como do de non nomeamento ou cese de ditas persoas na condición de membros da Xunta de Goberno Local e/ou concellarías-delegadas.
A moción fai referencia ao disposto no art. 73.3 da Lei de Bases de Réxime Local que stipula entre outras que “Os dereitos económicos e políticos dos membros non adscritos non poderán ser superiores aos que lles correspondesen de permanecer no grupo de procedencia, e exerceranse na forma que determine o regulamento orgánico de cada corporación”.
Por outra banda, a moción expresa o seu apoio ao Pacto Antitransfuguismo de xullo de 1998, así como ás súas adendas posteriores de setembro de 2000, maio de 2006 e novembro de 2020.
Sadamaioría reitera que a Moción do pasado 18 de novembro de 2022 é un acto de transfuguismo e así o debe considerar o pleno municipal e insta da alcaldía a dar traslado deste acordo á “Comisión de Seguimiento del Pacto por la Estabilidad Institucional y lucha contra el Transfuguismo Político”.
O grupo municipal de Sadamarioría e o seu voceiro, Benito Portela, asegura que o sucedido o pasado venres foi un “claro acto de transfuguismo, e así debe ser cualificado, expresado e denunciado”.
Segundo sinalou o transfuguismo é, con pleno e previo coñecemento, apartarse das directrices e criterios fixados polas respectivas organizacións políticas co obxectivo de censurar alcaldías e gobernos e alterando as maiorías de goberno resultado das eleccións municipais e, por tanto, violentando e falseando a vontade cidadá expresada en furna. O transfuguismo non é un termo descritivo nen de relato político.
A moción remarca que está correctamente definido e delimitado nos sucesivos Pactos antitransfuguismo que desde o 1998 (e coas sucesivas adendas) teñen asinado forzas políticas democráticas (entre elas, o PSOE e máis o PP).
Sada, 23 de novembro de 2022.





