O Concello abriu varios módulos de calistenia na zona do paseo marítimo para as persoas que queiran exercitarse ao aire libre.
A concellería de Mocidade fíxose eco da alta demanda cidadá para a execución desta nova instalación na zona deportiva, situada detrás das pistas do paseo, composta por unha ducia de elementos de exercicios, que conta tamén cunha fonte e un acceso peonil, realizados por operarios de Obras e Servizos.
Barras simples, pórtico de argolas, corda para rubir, escaleira inclinada, barra de flexión de brazos, barras triangulares, espaldeiras, escaleira horizontal, escaleira horizontal inclinada, barras paralelas, barras de flexións e bancos de salto son os elementos que se instalaron no novo espazo.
Sada, 1 de abril de 2021.