A área de Urbanismo do Concello de Sada iniciou o decembro pasado o expediente de expropiación forzosa para a obtención da superficie de sistema xeral de espazos libres SXEL-06-31, d’As Brañas.
Coa súa incorporación destes terreos ao dominio público local e a súa afectación aos usos dotacionais previstos polo Plan Xeral, garantirase a preservación e posta en valor das Brañas, cos usos admisibles que se establezan tanto no Plan de Conservación do ENIL, como no propio Plan especial de Protección, ao que especificamente remite a ficha do PXOM.
En febreiro, servizos técnicos municipais solicitaron ao Rexistro da Propiedade a certificación de dominio e cargas de todas as parcelas incluídas no ámbito obxecto de expropiación e, para o caso das parcelas non inscritas, a expedición da certificación negativa da inscrición así como a anotación expresiva do inicio do expediente expropiatorio. Así mesmo, achegaron ao Rexistro a relación de parcelas a expropiar, a certificación catastral individualizada de cada unha delas e o plano do ámbito de expropiación forzosa
Sada, 24 de marzo de 2021.