Desde hoxe está operativa a nova canle de difusión de Sadamaioría en Whatsapp, unha vía máis para estar ao día da actualidade da propia organización e de todas aquelas novas que afectan a Sada.
A subscrición á nosa canle de Whatsapp é moi sinxela:
- Para darte de alta, só tes que gardar na axenda do teu teléfono o número +34 696452219 e enviar un whatsapp coa mensaxe “Alta Difusión Sadamaioría”. A partir dese momento, recibirás cada semana as novas máis destacadas no teu dispositivo móbil.
- Para darte de baixa, deberás enviar ao mesmo número a mensaxe “Baixa Difusión Sadamaioría”. Desde ese momento, deixarás de recibir novas.
En ningún caso os números de teléfono, imaxes, nome, etc. das persoas usuarias serán visibles para o resto dos números da lista de difusión de Sadamaioría.