Sadamaioría considera prioritaria a adopción de medidas conveniadas con Estado e Xunta para a súa conservación, rehabilitación e posta en valor.
Os ex-concesionarios están no seu dereito a pelexar polos seus intereses privados, pero o Concello defendeu e debe seguir defendendo o interese xeral público e a legalidade.
Diante das manifestacións públicas e publicitadas polos ex-concesionarios da Terraza, Sadamaioría declara e precisa o seguinte:
1.- Os ex-concesionarios están no seu lexítimo dereito a expresar o que consideren oportuno, en defensa dos seus intereses privados e particulares, así como exercitar as accións que consideren, tanto en vía administrativa como xudicial. Pero o que non deberían é trasladar á cidadanía de Sada cuestións e conclusións que nin se axustan á realidade dos feitos, nin moito menos aos efectos legais derivados da aplicación da normativa vixente.
2.- O Concello de Sada, na etapa presidida por Benito Portela fixo o que debería facer: a defensa do interese público xeral e a aplicación da normativa legal.
O escrito presentado polo Concello en abril de 2018 alegou a imposibilidade de prórroga ao terse excedido o prazo máximo legal dos 75 anos que estabelece a lexislación básica estatal, o mesmo que interpretou tanto a abogacía do Estado como reiterados informes do Consello de Estado.
3.- Unha vez extinguida unha concesión no DPMT (dominio público marítimo-terrestre) é Costas do Estado quen decide sobre o destino das edificacións e instalacións obxecto da concesión. Non é unha interpretación de Sadamaioría; é o que estabelece a Lei de Costas (*)
No caso da Terraza, a propia resolución denegatoria da prórroga da concesión determinou a permanencia e non retirada da Terraza, dada a súa condición BIC. A Terraza reverte ao Estado gratuitamente e libre de cargas. A acta de reversión do día 17 de xaneiro simplemente formalizará o que impón a Lei.
4.- Nin a Terraza pode ser demolida, nin tampouco trasladada do lugar que ocupa. Non é unha opinión de Sadamaioria; é o que dispón a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza no seu art. 52 (**) para os bens inmobles declarados BIC, caso da Terraza. Por certo, o propio PXOM do 2017 de Sada precisa, no seu Catálogo de Patrimonio, respecto da súa titularidade, que a Terraza forma parte do DPMT e obxecto da concesión de 1922 (***).
5.- Con independencia do anteriormente sinalado e da necesidade de precisar e desmentir determinadas afirmacións dos ex-concesionarios, para Sadamaioría o prioritario e urxente é estabelecer un acordo conveniado entre Concello, Estado e Xunta para poñer remedio, canto antes, á lamentable situación do inmoble, fixando o plan de intervención e seu financiamento.
A tal efecto, Sadamaioría presentou unha moción para seu debate e aprobación no Pleno ordinario deste mes.
Sada, 17 de decembro de 2022
(*)
Artículo 72
1. En todos los casos de extinción de una concesión, la Administración del Estado decidirá sobre el mantenimiento de las obras e instalaciones o su levantamiento y retirada del dominio público y de su zona de servidumbre de protección por el interesado y a sus expensas. Dicha decisión se adoptará de oficio o a instancia de aquél, a partir del momento anterior al vencimiento que reglamentariamente se determine en caso de extinción normal por cumplimiento del plazo, y en los demás supuestos de extinción en el momento de la resolución del correspondiente expediente.
No obstante lo anterior, en los supuestos de extinción de la concesión previstos en la letra m) del artículo 78, se procederá, en todo caso, al levantamiento y retirada de las obras e instalaciones del dominio público y de su zona de servidumbre de protección.
2. A partir del momento que se indica en el número anterior, el titular de la concesión constituirá el depósito suficiente para responder de los gastos de levantamiento de las obras o instalaciones y retirada fuera del dominio público marítimo-terrestre y su zona de servidumbre de protección, o de reparación de aquéllas, de acuerdo con la resolución adoptada y la tasación ejecutoria señalada por la Administración y a resultas de la liquidación que proceda.
3. En caso de que se opte por el mantenimiento, en la fecha de extinción de la concesión revertirán a la Administración del Estado gratuitamente y libres de cargas todas las obras e instalaciones. La Administración podrá continuar la explotación o utilización de las instalaciones, según se determine reglamentariamente.
(**) Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Artigo 52. Desprazamento.
1. Os bens inmobles declarados de interese cultural son inseparables do seu contorno. Non poderá procederse ao seu desprazamento salvo que resulte imprescindible por causa de caso fortuíto, forza maior, utilidade pública ou interese social, despois do informe favorable da consellaría competente en materia de patrimonio cultural, nos termos previstos na lexislación reguladora do patrimonio histórico español e nesta lei.
Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español.
Artículo dieciocho
Un inmueble declarado Bien de Interés Cultural es inseparable de su entorno. No se podrá proceder a su desplazamiento o remoción, salvo que resulte imprescindible por causa de fuerza mayor o de interés social y, en todo caso, conforme al procedimiento previsto en el artículo 9.º, párrafo 2.º, de esta Ley.