O humidal d’As Brañas vén de acadar a designación provisional de espazo natural de interese local (ENIL) pola Xunta de Galicia.
Dáse así un paso máis na loita pola posta en valor e protección deste espazo natural privilexiado da nosa contorna.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo publica esta mañá a orde pola que se declaran, de xeito provisional, como espazo natural de interese local as Brañas de Sada, no Concello de Sada. Rematan así máis de catro anos de tramitación pola administración autonómica desde que fora solicitado polo Pleno do Concello, por iniciativa do goberno de Benito Portela.
A aprobación do ENIL é un trámite decisivo para protexer este espazo natural, xa que compromete formalmente o Concello a poñer en práctica as medidas precisas para a súa protección, coa elaboración do Plan de conservación e de uso público antes de dous anos desde a súa declaración. Nese momento, a declaración ENIL para As Brañas pasará a ser definitiva.
O Alcalde de Sada, Benito Portela, expresou súa satisfacción con este anuncio que supón “a implantación de medidas activas que garanten a conservación e recuperación das Brañas, así como súa posta en valor como o factor sostible no desenvolvemento económico e social de Sada e agradece a todas as persoas, asociacións e entidades o traballo realizado nestes anos para que As Brañas acadase a declaración de ENIL”.
O plan de conservación identificará os valores que hai que protexer e os posibles riscos que poidan afectar aos valores naturais, establecerá as normas de uso e aproveitamento do solo e dos recursos naturais, destinadas a protexer e conservar ou mellorar ditos valores ambientais. Tamén definirá as normas relativas ao uso público, así como as actividades científicas e educativas.
Ademáis coa ordenación do humidal darase resposta á realizade urbana e á súa problemática específica, consistente na existencia dun espazo natutal singular de alto valor ecolóxico rodeado polo medio urbano, o cal exerce unha forte presión constituindo unha ameaza cara o mantemento de ditos valores. “Temos como obxetivo, sinala o alcalde, acadar un axeitado grao de protección do espazo ordenado consonte aos valores naturais e ambientais, e consonte ao réxime de clasificación de solo rústico que o PXOM lle outorga”.
Unha aposta do Goberno iniciada no 2015
O 29 de outubro de 2015 o pleno da Corporación aprobou solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a declaración das Brañas de Sada como Espazo Natural de Interese Local, ao abeiro do artigo 17 da Lei 9/2001, de 21 de agosto, e Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regulan a figura do espazo natural de interese local e figura do espazo privado de interese natural, de conformidade coa memoria redactada ao efecto polos servizos municipais.
O PXOM permitirá desenvolver o Plan Especial de As Brañas co obxectivo de protexer os valores naturais do territorio coa finalidade de preservar os hábitats do humidal das Brañas de Sada. A través do Plan establecerase a ordenación detallada do ámbito e se dotará dun anel verde de carácter público que permitirá o achegamento dos veciños e veciñas de Sada ao medio natural co máximo respecto e sen que este feito implique a perda de valores ecolóxicos, ambientais,culturais e paixasísticos do espazo.
O propósito que se marca o Concello é converter As Brañas nun espazo de lecer, sempre co debido respecto aos hábitats naturais. O plan inclúe a posta en marcha actividades de educación ambiental e de divulgación etnográfica a través da rehabilitación das instalacións e a maquinaria dunha telleira en bo estado de conservación para explicar os pormenores dunha industria crucial en Sada durante o século XX.
Sada, 11 de febreiro de 2020.