O pasado 31 de xaneiro tivo lugar na Audiencia da Coruña a vista previa do xuízo para dirimir a propiedade do Pazo de Meirás.
O xuízo celebrarase na primeira quincena de xullo de forma continuada e durará unha semana.
Durante a vista, a xuíza aceptou a práctica da proba solicitada polo Concello de Sada, tanto da documental como da testemuña. Por tanto, requerirase ao Banco de Santader (que absorbeu o Banco Pastor) para que aporte documentos relativos á adquisición fraudulenta do Pazo, dado o papel de intermediario que esa entidade tivo en toda a operación. Tamén foi aceptada a testemuñal pedida polo Concello e, por tanto, intervirán D. Xosé Manoel Núñez Seixas, Emilio Grandío, Luis Míguez Macho, José M. Busto Lago, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi.
Sada, 1 de febreiro de 2020.





