No día de hoxe Francisco Montouto Pérez, concelleiro de Sadamaioría, anunciou a súa decisión de deixar a política e, por tanto, o Concello de Sada.
A súa renuncia debese estritamente a cuestións persoais.
Sadamaioría agradece o esforzo e dedicación do seu concelleiro, que asumiu labores de goberno no ano 2015, feito que propiciou, entre outras cousas, que o Concello de Sada conte por vez primeira na súa historia cun Plan Xeral de Ordenación Municipal. Así mesmo, deséxalle a mellor das sortes nesta nova etapa que agora emprende.
No lugar de Montouto, entra na corporación como concelleira Marisa Rúa, numero 8 da candidatura de Sadamaioría nas pasadas eleccións de maio de 2019, logo da renuncia por cuestións laborais de José Ramón Callejo, número 7 da lista.
Desexámoslle a Marisa moita sorte nesta etapa dentro do Grupo Municipal de Sadamaioría. Como ben dixo ela mesma, “quero aportar, con forza e ilusión, o meu grao de area para facer un pobo máis solidario, diverso e cercano”.
Sada, 21 de xaneiro de 2020.





