O parque, previsto no PXOM, localizarase en terreos de bordo litoral, onde se proxectaba a urbanización Porto Infanta, anulada pola xustiza.
O goberno de Sadamaioría proporá tamén a delimitación dunha área de rehabilitación e rexeneración urbana para o barrio.
Hoxe, ás 13:00 horas, no tradicional barrio sadense de Fontán, Sadamaioría iniciou a súa andaina de mitins da campaña das municipais 2019. No encontro de hoxe falaron: a veciña de Fontán e membro da candidatura Sofia Priesco, Pedro Mariño, número nove da candidatura, Francisco Montouto número cinco e concelleiro de Urbanismo, e Benito Portela, alcalde de Sada e candidato á reelección de Sadamaioría.
Nun econtro moi animado cos veciños e veciñas de Fontán, os candidatos de Sadamaioría anunciaron diversas medidas de presente e futuro en relación con este barrio.
Sadamaioria anunciou o proxecto, previso no PXOM, de crear o Parque Público de Fontán, cunha extensión de 76.400m2, clasificados como rústicos, dos cales 61.000m2 serán obxecto de expropiación e os restantes obxecto de cesión obrigatoria con cargo á área de reparto AR D1.2, situada en fronte da curva de Fontán. A execución de dito parque incluirá unha zona de aparcadoiro e unha rotonda de acceso na actual estrada.
Tamén se anunciou que se acordará coa Xunta de Galicia a modificación do PXOM para acadar unha nova alternativa de conexión coa Vía Ártabra que evite a conexión prevista de saída do Porto, dado o seu enorme impacto territorial e paisaxístico.
En canto aos proxectos de fututo, os integrantes da candidatura, tamén anunciaron que unha vez revalidada a alcaldía, se poñeran a traballar para licitar o Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Fontán, como a solicitude para delimitar unha área de rehabilitación de todo o barrio que promova, con axudas suficientes, a rehabilitación de inmobles e a mellora do espazo público para o cal se bonificaran as obras de rehabilitación no ICIO (imposto de construcións, instalacións e obras) e as taxas de licenzas.
E, xa por último, explicouselles que de xeito inmediato ían comezar dúas obras moi demandas pola veciñanza: o acondicionamento de pavimentos e instalacións nas rúas de Fontán, cun valor de 140.000 euros aproxidamente, e a reparación da escaleira de Fontán, cun importe de 70.000 euros.
Asemade, falouse tamén das obras de beirarrúas entre Fontán e Pazos que ten pendente de executar a Xunta de Galicia dende o mes de outubre de 2018, logo que os propietarios cedesen parte das súa propiedades para a instalación de ditas beirarúas, obra moi demandada por todos os residentes da zona.
Sada, 12 de maio de 2018.





