O Concello de Sada reabriu o parque infantil das Brañas, unha vez rematada a obra de remodelación levada a cabo os pasados meses.
A actuación supuxo unha ampliación de 300 metros cadrados da zona do parque, a reparación da losa de formigón e a instalación de 600 m2 de pavimento de caucho para a zona de xogos infantís, así como a retirada de todos os elementos para reparación dos mesmos e a sustitución de piezas defectuosas, repintado e recolocando os xogos neste e noutros parques.
Ademais, instaláronse novos xogos, incluíndo una estrutura de redes para 60 usuarios, tres xogos adaptados e un novo vallado perimetral por fóra de todo o recinto, cunha nova zona de céspede artificial para xogos deportivos.
A concellaría de Obras e Servizos levou a cabo paralelamente traballos de mellora nos accesos, ampliando nun metro o ancho da acera para facilitar a accesibilidade ao parque e tamén instalou unha nova iluminación, xa que a existente non cubría toda a superficie gañada pola reforma.
O Concello de Sada tamén reformou nos últimos meses os parques da rúa da Praia, onde se instalaron elementos retirados doutros parques, despois dunha fase de recuperación e substitución de pezas defectuosas.
Sada, 19 de marzo de 2021.