O concello vén de licitar a contratación dun servizo de asistencia técnica e xurídica na análise, deseño, confección e implantación efectiva dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que actualice a de 2005.
O obxectivo é adaptar os postos de traballo do Concello de Sada ás necesidades dos novos tempos, cunha administración áxil e útil, procurando a máxima racionalización e eficacia dos servizos municipais.
Segundo a concelleira de Administración Local, Pilar Taibo, “con esta nova RPT preténdese obter unha proposta suficientemente documentada para a adecuación da estrutura do persoal actual ás necesidades reais do Concello, orientada á mellora da prestación dos servizos á cidadanía, e que xere unha estrutura válida e real a corto e medio prazo, ao tempo que se procura a modernización e a desburocratización da xestión para tratar de dar respostas áxiles”.
A execución do proxecto levarase a cabo en dúas fases. A primeira incluirá o deseño e elaboración do borrador inicial da RPT e do organigrama, así como a fase de información e consultas e elaboración do borrador provisional da RPT. A segunda fase será a da negociación colectiva e elaboración da nova RPT e do organigrama definitivos.
Sada, 23 de marzo de 2021.