Despois das eleccións celebradas o domingo, na que a lista de Sadamaioría foi a máis votada con 2.545 votos, o que representa unha porcentaxe do 29.98% dos sufraxios, queremos dar as grazas ao conxunto da cidadanía, tanto ás persoas que votaron a Sadamaioría, como ás que non.
Vistos os resultados obtidos por Sadamaioría, a cidadanía outorgou un amplo respaldo ao traballo realizado nestes últimos catros anos polo goberno presidido por Benito Portela, así como ao proxecto de futuro que Sadamaioría ten para Sada.
Como viñemos dicindo en campaña electoral, Sada precisaba dunha ampla maioría progresista cun liderado reforzado para Sadamaioría e, cos resultados acadados, por vez primeira, as forzas progresistas de Sada acadan máis representación que as forzas de dereita.
Sadamaioría entende que o voto manifestado polos veciños e veciñas de Sada non absolveu á dereita. A súa derrota é manifesta e rotunda.
Sadamaioría recolle as preferencias amosadas pola veciñanza de Sada nas urnas é comprometese a conformar un goberno estable para os vindeiros catros anos que permita ter a maioría suficiente para afrontar os retos, proxectos e ilusións que demanda a veciñanza sadense.
Sada, 28 de maio de 2019.





