Sadamaioría xa estaba presente en Facebook, Twitter e WhatsApp e, a partir de agora, tamén o está en Instagram. A través das nosas redes sociais poderás atopar contido extra e todas as novidades da nosa organización e da actualidade de Sada.
Instagram é unha rede social visual, formada por un gran mosaico de imaxes que ten máis de 400 millóns de usuarios en todo o mundo. No perfil de Sadamaioría atoparás sempre información das nosas novidades, grazas ás infografías e imaxes que iremos subindo, como complemento ao contido da nosa páxina web.