O Partido Popular interpuxo un escrito de denuncia ante a Xunta Electoral respecto dos carteis informativos difundidos por Sadamaioría sobre a sentenza do caso Anido-coordinadora. O PP entende que foi un acto de propaganda electoral. A finalidade de Sadamaioría non era outra, e segue sendo, que o de dar a coñecer a realidade dos feitos dunha sentenza que afecta directamente á etapa como alcalde do Sr. Anido e ás responsabilidades políticas que dela deberían derivarse.
E para quen queira consultar e ler a sentenza, adxuntámola nesta ligazón, debidamente anonimizada.