O Pleno aprobou destinar un millón de euros á adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local e reducir o impacto social causado pola pandemia.
A Corporación do Concello de Sada aprobou esta tarde un moficativo de crédito para destinar un millón de euros para paliar os efectos do COVID-19, tanto no ámbito empresarial como no ámbito do Benestar.
A proposta da alcaldía aprobada inclúe destinar 800.000 euros en axudas para unha reactivación da economía da noso concello, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas. Asemade no ámbito do benestar social supleméntase con 70.000 euros o SAF de libre concorrencia e con 30.000 euros as axudas de emerxencia social. Finalmente requiriuse a adquisición inmediata de diverso material de protección e desinfección para a seguridade do persoal municipal e a promoción de medidas de salubridade entre a poboación, subministracións que deberán continuar e para as que se estiman unhas necesidades de 100.000 €.
Sada, 15 de maio de 2020.