Durante os próximos días repartiremos porta a porta a tirada impresa do noso voceiro electoral, que recolle as nosas propostas de goberno para a vindeira lexislatura.
O noso programa é o resultado do coñecemento pormenorizado das necesidades a solventar no noso concello, froito da nosa experiencia de goberno. Nel figuran achegas realizadas por parte da veciñanza durante a fase de participación que abrimos para a elaboración dos contidos.
En Sadamaioría temos equipo, temos proxecto e temos a disposición e o firme compromiso de sacalo adiante. Se queres coñecer a Sada que queremos para o futuro, podes acceder á versión dixital do voceiro aquí!