Sadamaioría, Bloque Nacionalista Galego e Alternativa dos Veciños acadaron un acordo para dotar a Sada dun goberno sólido e estable para os vindeiros catro anos.
Na mañá de onte tivo lugar, no salón de plenos da Axudantía, o acto de sinatura do acordo de goberno acadado polas tres formacións políticas despois de semanas de negociación. Asinaron o texto consensuado o alcalde, Benito Portela, en representación de Sadamaioría, Isabel Reimúndez, en nome do Bloque Nacionalista Galego, e María Nogareda, por Alternativa dos Veciños.