Logo desta agardada decisión, Sadamaioría insiste no necesario arquivo completo da investigación xudicial
Sadamaioría celebra que o Xulgado de Instrución número 3 de Betanzos veña de anular o auto do 13 de decembro de 2023 no que se incluía ao actual concelleiro de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Fernando Fariña, como investigado nunha causa xudicial pola suposta comisión dun delito leve de prevaricación administrativa ou, alternativamente, de infidelidade na custodia de documento público.
A anulación de dito auto manifestábase evidente xa que, como a propia xustiza recoñece, Fernando Fariña nunca fora chamado a declarar como investigado, senón como testemuña. No auto de anulación, contra o que aínda cabe recurso, a xuíza manifesta que “o compromiso do seu dereito de defensa sería extraordinariamente grave de acordarse a declaración extemporánea do mesmo en calidade de investigado”.
A investigación xudicial parte dunha demanda realizada no seu momento polo ex-xefe accidental da Policía Local, Juan Carlos Arias, quen presentou a denuncia nos xulgados once días despois de ser cesado polo goberno da xefatura.
Sadamaioría insistirá no arquivo desta causa. Confiamos na actuación xudicial e, ante todo, na inocencia do alcalde, Benito Portela, e da concelleira Pilar Taibo.
Sada, 22 de febreiro de 2024.