O pasado 6 de febreiro quedou constituída formalmente a Comisión Electoral, o órgano encargado de supervisar o procedemento de eleccións primarias de Sadamaioría.
A comisión, inicialmente formada por Paola Mondaca González, Lois Arenas Barreiro e Marisa Rúa Prieto, modificou a súa composición, despois de renunciar esta última ao formalizar a súa candidatura ás primarias, sendo substituída por Ana Lucía González Castro.
Os membros da Comisión foron escollidos pola Asemblea Xeral, atendendo a criterios de coñecemento de procesos electorais, confianza e dispoñibilidade. O órgano de arbitraxe adoptará as súas decisións preferentemente por consenso, sendo válida a maioría simple cando este non se produza. As súas funcións son:
- Garantir o cumprimento do Regulamento de primarias.
- Facer cumprir os prazos das primarias aprobados pola Asemblea.
- Garantir a igualdade de oportunidades durante o proceso de campaña.
- Proclamar as candidaturas presentadas.
- Resolver as distintas queixas, denuncias e irregularidades que se manifesten durante o proceso de primarias.
- Interpretar baleiros do Regulamento.
- Presidir a mesa de votación, realizar o escrutinio (que será público), e proclamar os resultados.
Sada, 18 de febreiro de 2023.