De acordo coas cifras comunicadas polo INE, a poboación de Sada é de 15.837 habitantes a 01/01/2019.
O incremento do número de afiliacións en alta á Seguridade Social é o máis alto da Comarca de A Coruña nos últimos doce meses.
Segundo os datos recibidos do Instituto Nacional de Estatística, a cifra de poboación do Concello de Sada a 1 de xaneiro de 2019 (padrón municipal) é de 15.837 habitantes o que supón un incremento do máis do 5% dende o ano 2015.
Así, no ano 2015 a poboación de Sada estaba en 15.080 habitantes, no ano 2016 en 15.150, no ano 2017 en 15.242 e no ano 2018 pasaba a 15.495 habitantes.
Estes datos confirman que moita xente elixe Sada para vivir polos servizos e dotacións que ofrece, pola calidade de vida, polo seu entorno natural e pola integración e mobilidade, tanto no centro urbano como nas parroquias.
Cuestións, todas elas, que son especialmente valoradas pola xente que elixe Sada para vivir e nos que hai que seguir mellorando para consolidar Sada como municipio de referencia na Comarca de A Coruña que todos desexamos.
E non so os datos de poboación evidencian o crecemento de Sada nos últimos anos. Tamén se manifesta noutros parámetros de relevancia, como é o caso das persoas afiliadas e en alta na Seguridade Social. O Concello de Sada en variacións porcentuais, e para os últimos doce meses, é o primeiro dos Concellos da Comarca de A Coruña cun 6,96% seguido de Oleiros cun 5, 04% e A Coruña cun 2,66%.
Estes datos confirman a alza do Concello de Sada nestes últimos anos. Datos que se consideran moi positivos, en contraposición a períodos anteriores, e que contribúen a afortalar a mellor da situación económica de Sada e das súas xentes.
Sada, a 28 de marzo de 2019.