Unha vez rematada a xornada de votación aberta á participación da cidadanía sadense para escoller a lista coa que Sadamaioría vai concorrer ás eleccións municipais de maio, a Comisión Electoral de primarias dá a coñecer os seguintes resultados provisionais:
Persoas participantes: 487.
- ALCALDÍA
Óscar Benito Portela Fernández: 480 votos.
- POSTOS DO Nº2 AO 9
Reconto de puntos para cada persoa candidata nas 481 papeletas emitidas, das cales 454 foron votos válidos e 27 nulos:
Marcos Villar López: 1528 puntos.
Xosé Fernando Fariña Andrade: 1500 puntos.
Rebeca Mouriño Neira: 1183 puntos.
María Pilar Taibo Fernández: 1131 puntos.
Patricia Martínez Abruñedo: 969 puntos.
Ricardo Berrocal Fariña: 852 puntos.
Marisa Rúa Prieto: 634 puntos.
Rubén Suárez García: 443 puntos.
Lucía Gómez Galmán: 236 puntos.
Unha vez aplicada a corrección de xénero para garantir a paridade, a lista resultante é a seguinte:
Nº1 Óscar Benito Portela Fernández
Nº2 Rebeca Mouriño Neira
Nº3 Marcos Villar López
Nº4 María Pilar Taibo Fernández
Nº5 Xosé Fernando Fariña Andrade
Nº6 Patricia Martínez Abruñedo
Nº7 Ricardo Berrocal Fariña
Nº8 Marisa Rúa Prieto
Nº9 Rubén Suárez García
Os resultados serán proclamados definitivamente pola Comisión Electoral o martes 7, como paso previo á presentación pública do primeiro tramo da candidatura de Sadamaioría ás eleccións municipais de maio.
Sada, 5 de marzo de 2023.