Despois das eleccións celebradas o domingo, nas que a lista de Sadamaioría foi a máis votada con 2.722 votos, o que representa unha porcentaxe do 33,11% dos sufraxios, queremos dar as grazas ao conxunto da cidadanía, tanto ás persoas que votaron a Sadamaioría, como ás que non.
Sadamaioría recolle as preferencias amosadas pola veciñanza de liderar un goberno estable e de maioría progresista, cos tránsfugas e a dereita na oposición. Esa é a vontade democrática da cidadanía de Sada expresada nas urnas, que debe ser respectada.
Sadamaioría comprométese a traballar para asegurar esa maioría de goberno progresista o 17 de xuño e para os próximos catro anos. Un goberno que permita ter a maioría suficiente para afrontar os retos, proxectos e ilusións que demanda a veciñanza sadense.
Asemblea de Sadamaioría
Sada, 29 de maio de 2023.