Dous anos despois de incoar o expediente, a Xunta de Galicia declara A Terraza ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento.
O executivo autonómico destacou que se trata dun ben singular de Galicia polos seus valores culturais e representa un caso único de conservación entre os inmobles modernistas desta tipoloxía e función no País.
O 20 de febreiro de 2018, publicouse no DOGA a Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoaba o expediente para declarar Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, o emblemático edificio.
Ao amparo desa resolución, a Xunta de Galicia incorporou as determinacións do PXOM aprobado definitivamente e aplicou de forma inmediata e provisional, o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, para os bens de interese cultural e para os monumentos en particular, en especial no referido ás obrigas de conservación polo actual concesionario e a tutela en casos de transmisión desa concesión.
Sadamaioría considera que a incorporación da Terraza ao patrimonio público, xunto á declaración BIC, serían fundamentais para evitar o seu deterioro e para garantir a súa conservación e posta en valor.
Sada, 31 de xaneiro de 2020.