Vén de rematar o proceso de recuperación da arquitectura da auga, con elementos vencellados á cultura tradicional e a un pasado recente, onde fontes e lavadoiros eran elementos imprescindibles na forma de vida da nosa veciñanza.
Para preservar ese patrimonio etnográfico municipal, a concellaría de Obras e Servizos incluiu no plan POS da Deputación de 2020 un proxecto de mantemento de fontes e lavadoiros, tras estudar o estado de 21 elementos e chegar á conclusión de que a maioría deles presentaban as mesmas necesidades de reparación.
A intervención efectuouse nunha vintena de elementos en Fontán, praza da Peixaría, praza San Roque, Riovao, Sada de Arriba e Samoedo, dentro da parroquia de Sada; Fontegrande, en Meirás; Alborelle, en Soñeiro; Fraga, en Osedo; Seixeda e Castelo, en Osedo; e Fontoira, Pedral e Lagoa, na parroquia de Mondego.
Sada, 18 de marzo de 2021.