Pilar Taibo estaba a ser investigada por imposición de condicións ilegais de traballo tras unha denuncia do oficial da Policía Local Juan Carlos Arias Rodríguez.
O xulgado de instrución número 1 de Betanzos ven de ditar un auto de sobresemento provisional no procedemento iniciado contra a señora Pilar Taibo, a raíz dunha denuncia presentada polo membro da Policía Local de Sada, Juan Carlos Arias Rodríguez, que acusaba á daquela concelleira de Seguridade Cidadá e Administración Local de imposición de condicións ilegais de traballo.
A xuíza, tras practicar as dilixencias oportunas, establece no auto do 20 de abril que: “Por las circunstancias expuestas, no hay indicios suficientes para apreciar una conducta irregular en la investigada que sea constitutiva de delito, por lo que procede acordar el sobreseimiento, del art. 641.1 de la LECRIM”.
Foi en decembro de 2020 cando, o daquela Xefe Accidental da Policía, presentou unha denuncia na que acusaba á ex-concelleira de Seguridade Cidadá de “hostigamiento preconcebido e injustificado hacia mi persona” e na que se afirmaba que “esta conducta hostil e intencionada no hace más que mermar mis derechos como trabajador y como delegado de personal y presidente de la Junta de personal del Concello de Sada y causar desconfianza entre mis compañeros, perjudicando a su vez, gravemente mi salud”.
No transcurso do proceso o denunciante, que naquel momento ostentaba o cargo de xefe accidental da Policía Local, presentou como proba testemuñal as declaracións de cinco funcionarios de policía, da secretaria municipal e do presidente do sector de administración local do CSIF. Ao mesmo tempo, tanto a Xunta de Persoal como o Comité de Empresa denunciaban o cese inmediato do acoso e persecución a dito funcionario.
“Dende a concellaría de Seguridade Cidadá levamos a cabo todos aqueles cambios necesarios para priorizar e optimizar un servizo de policía moi mermado polas once baixas médicas que presentaba a plantilla, nun momento no que a pandemia da Covid-19 esixía extremar as medidas de vixilancia e control. Con este auto, queda claro que todas as medidas tomadas foron dentro do marco das miñas competencias e que a denuncia non tiña fundamento legal algún, só obedecía ao interese persoal do denunciante de acabar co goberno de Sadamaioría”, declara Pilar Taibo.
Este arquivo súmase a outros, onde o denunciado foi Benito Portela, pero a Xustiza demostra unha vez máis que por moito que tenten quitar a Sadamaioría do escenario, seguiremos aí, traballando para quen manda: o pobo de Sada.
Sada, 2 de maio de 2023.





